On the road

ESte é un blog dos de toda a vida. VAmos, dende que se inventou a computadora. On the road, é algo máis ca un libro. É un xeito de vida, unha maneira de carregar coas cousas cotiás. On the road, é o libro que consagraría anos despois a un dos fundadores da Xeración Beat en norteamérica. O autor é Jack Kerouac. Hala pescudade aquí e acolá... Benvidos á vida na rúa. Benvidos a On the road.

martes, febrero 27, 2007

Imaxes dende lonxe


Había tempo que non se paraban a olla-lo Guernika. As cousas non sempre son tan terribles. Ou si. O tempo engánanos facéndonos crer que non é mesmo ver a vida a dous pasos como observador que como protagonita. E así pasan os anos e o que tanto nos proía na testa non deixa de ser unha auténtica chorrada, e ata temos a pouca vergoña de rirnos deses momentos que tan tráxicos parecían.

Pasan os días... as horas... os minutos... a túa imaxe segue alí... nese recunchiño da cidade... pareces durmida... un talvez... un porqué... ¿por qué carallo sempre queremos buscar unha causa ou un motivo do que nos pasa?... mellor deixarse ir... suicidar pesimismos... sorrir... mirar cara adiante e camiñar sen medo... bueno, cun pouquiño, que sempre axuda a ir con máis tento...
Eles había tempo que non se paraban a mirar o Guernika... e ti... ¿ti por que te pos a durmir no medio da rúa?

sábado, marzo 18, 2006



De la Vega, ole ole e doutra volta ole. Así de maja ata "disfrazada" como diría vilmente no congreso dos deputados o non menos imbécil: o inigualábel pastor do PP, Edward Zaplana que diría Aznar no seu inglés tan perfect comendo chewing-gum.... Aissssssssssssssssss.... Qué triste é a vida dos políticos que se sitúan á dereita da escena da vice. Home, tamén é certo que a da esquerda podería estar aínda máis á esquerda.... pero bueno... Como di a vice : "Prefiro a política exterior en África que non a política interior que levou a cabo o "señor" Aznar levándonos á invasión de Irak". Se é que hay cousas que nunca cambian. Nesta ocasión foi Zaplana... quen dirá e cal será o próximo comentario machista, retrógrado (inclúense, seino pero se criticaran aos homosexuais non sería machista non?).
Veredelo dentro duns días no Congreso. Máis información en www.loshijosdeputadelpp.com

domingo, febrero 26, 2006



Onte á tarde saín á rúa. Venderan o meu corazón. Elas rían nun éxtase de soños e envoltas no corazón que cubría os pezóns dixeron:

-CArnaval carnaval carnaval te quierooooooooooooooo

Adicado para todos aqueles que lles fan baleiro ás persoas que aborrecen.... bikos albiña

viernes, febrero 17, 2006


Hoxe choveu

Hoxe pensei en ti... e boteite de menos

Hoxe sentín, coma nunca, a túa ausenza.



Sei que quedaron cousas por dicir

Sei que xa non teñen solución, pero alomenos consólame a lembranza dos teus beizos sobre os meus...

miércoles, febrero 08, 2006


Agardo o teu riso pícaro, a túa ollada fronte á miña, agardo os días sen senso ningún cando ti non estás. Agardo, en fin, o teu TODO. Agárdote única e exclusivamente a TI

martes, febrero 07, 2006

Non sei o que facer se deixar de vivir, se deixar de ser...

Non sei se me atreverei, non sei se o farei...

O que si sei é que nunca, nunca de ti me esquencerei...


Ela clica na icona de Google e ve a palabra merda manchando a pantalla do ordenador.
El cala, e reprime a bágoa que os separará para sempre
Ámbolos dous saben que aquel é o final do seu blog... pero dálles igual non fan nada...
Será a fasquía, serán os exames pero non se esforzan e seguen absortos na pantalla de merda.

lunes, febrero 06, 2006

JANIS JOPLIN
JANIS JOPLIN
JANIS JOPLIN
JANIS JOPLIN
JOPLIN JANIS
JANPIN JOLIS
JOPLIN JOPLIS
JAPLIS JOPLIN


THE ROAD IS EMPTY WITHOUT YOU...


A rúa está baleira sen ti.

Negra noche no me trates así... espero tanto de ti (SABINA)